Actividades das anpas dos colexios públicos de Santiago

Curso 2009-2010

Ola a todo o mundo!

Este blog pretende ser un punto de encontro para a comunidade de centros de ensino público de infantil e primaria da cidade de Santiago. Está centrado nas actividades extraescolares organizadas polas distintas anpas da Federación Compostela.

Se queres saber que actividades se realizan neste curso en cada un dos centros, busca o colexio concreto na columna da dereita no apartado ‘Actividades fixas por centro’.

Se formas parte de unha anpa e andas buscando actividades puntuais que organizar, tal vez atopes algo buscando tanto en ‘categorías’ como en ‘etiquetas’.

No futuro, desde a Federación Compostela esperamos organizar actividades puntuais conxuntas das que vos informaremos tamén aquí nun apartado especial.

Saúdos!

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. ANPA Ramón Cabanillas (Manolo) said, on Outubro 6, 2009 at 10:07 am

    Ola dende o Ramón Cabanillas.

    A semana pasada pasamos unha enquisa sobre actividades extraescolares e días dispoñibles. Proponiamos Íngles, Teatro, Artes marciais e Debuxo e Pintura.

    Esta semana intentarei sacar unha oferta concreta con horarios, prezos e monitor.

    A empresa Actex quedou en enviarme unha proposta a principios desta semana e aínda non se nada deles.

    De Ingles intentarei como monitor a Christian Muller; e en Teatro coa monitora de Colexiata do Sar.

    En Karate falei con Oscar Lafuente, monitor na USC, e intentaremos facelo no pabellon do Restollal. Ademais de que poida que non teña grupo mínimo, ao ser nun Pabellon Municipal creo que poderían vir alumnos doutros centros sen ningún problema nin permiso de Consello escolar. Interésalle a alguén?

    De Debuxo e Pintura non teño monitor aínda.

    Gustaríame saber se sería posible sacar unha oferta de actividades extraescolares en centros onde o consello escolar haxa aprovado a incorporación de aliumnos doutros centros. En concreto hai interes dalgúns alumnios en Patinaxe.

    Saúdos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s