Actividades das anpas dos colexios públicos de Santiago

Tres Globos

Posted in Espectáculos by extraescola on Setembro 22, 2009

Un ano mais, preséntolle os espectáculos que están en cartel para o curso 2009/2010

* O PARRULO FEO
* PEDRO E O LOBO
* SAPO ENCANTADO

Pode consultar estes espectáculos, as datas de actuación e as tarifas (Desde 200 €, según o número de nenos), na seguinte paxina web.

www.tresglobos.es

Tagged with: ,

Migallas teatro

Posted in Espectáculos by extraescola on Setembro 22, 2009

Dirixímonos a vós para presentarvos o novo espectáculo de MIGALLAS TEATRO chamado “Camiño de historias”, que estrearemos en xaneiro de 2010, e lembrarvos os espectáculos que mantemos en cartel durante o curso 2009/2010 dirixidos a alumnos/as de Educación Infantil e de Primaria.

Tagged with: ,

A Xanela do Maxín

Posted in Espectáculos by extraescola on Setembro 22, 2009

Dende A Xanela do Maxín, envíamos os dossiers con información ampliada sobre as propostas que temos para este curso 2009/2010.

Por un lado, “Chincha Rabincha” é un espectáculo orixinal, áxil e de fácil comprensión. É para público infantil, a duración de 50 minutos e o máximo de espectadores 200, co fin de garantir a calidade da mesma.

Por outra banda, “Os Contos do Titiriteiro ou da Titiriteira”, tamén para público infantil, é unha proposta que está entre un espectáculo de títeres e un contacontos. A duración é de aprox. 30 minutos e o máximo de nenos por cada pase é de 50.

Tagged with: ,